Desaparece un sesaxenario de Entrimo pola zona do Limia portugués

O home saíu a pescar martes e o seu coche foi localizado preto da beira portuguesa. Corpos de seguridade de ambos os países traballan na súa procura

Un operativo de procura conformado por efectivos da Garda Civil, Protección Civil de Entrimo e o GES de Lobios trata de localizar a un sesaxenario que leva desaparecido desde a tarde de onte, cando saíu a pescar, sen que se tiveron máis noticias del.

Segundo informou Urxencias, o home saíu a pescar, no seu coche, e non regresou ao seu domicilio e nada se sabe del, mentres que o seu vehículo foi atopado na zona portuguesa do río Limia.

Por este motivo, os servizos de Urxencias activaron o protocolo Ariem 112, un proxecto europeo que facilita a coordinación das urxencias entre Galicia, Castela e León e norte de Portugal.

Desde entón, incorporáronse aos labores de procura os servizos de urxencias de Viana do Castelo e axentes da Garda Nacional Republicana.

Por parte galega, participan axentes da Garda Civil, Grupo de Urxencias Supramunicipais (GES) de Lobios e Protección Civil de Entrimo.

O Instituto Armado alertou da desaparición desta persoa.

Comentarios