Buscan a un mozo desaparecido o pasado domingo no Festival de Ortigueira

A afición do Deportivo vólcase na busca de Yago de la Puente Agulló

Captura
photo_camera Yago de la Puente Agulló. TWITTER (@sosdesaparecido)

Yago de la Puente Agulló atopábase no Festival de Ortigueira cando desapareceu, o pasado 14 de xullo.

O home, de 28 anos, 1,89 metros de estatura e complexión forte, ten o pelo negro, os ollos verdes, e tatuaxes en brazos e pernas. É sobriño do ex xogador do Deportivo da Coruña, Jaime Agulló.

O Deportivo pediu a través das súas redes sociais axuda para localizar ao mozo. Rógase que calquera que poida ter información sobre o seu paradoiro se poña en contacto a través dos teléfonos facilitados por SOS Desaparecidos.

Teléfonos de contacto:   642 65 07 75 / 649 95 29 57