Desaloxados 24 mozos, a maioría menores de idade, nunha festa en Ribeira

Celebraban un aniversario nun antigo pub
O local onde se celebraba a festa. CRTVG
photo_camera O local onde se celebraba a festa. CRTVG

Unha festa de aniversario nun local de Ribeira obrigou a Policía Local a desaloxar a unha trintena de persoas, a maioría menores de idade. 

Os axentes, que recibiron o aviso alertando da reunión ilegal sobre as 18.00 horas, achegáronse ata o local, un antigo pub que leva meses pechado, e identificaron a 24 dos presentes, dos cales 23 eran menores de idade, polo que tiveron que avisar aos seus pais.

Comentarios