Desaloxada unha parella de avanzada idade da súa casa de Sober por mor dun incendio

Dúas persoas de avanzada idade foron desaloxadas a pasada madrugada da súa casa, no municipio lucense de Sober, como consecuencia do incendio que se produciu nun alpendre anexo á vivenda, situada na Rúa do Progreso, que deixou totalmente calcinado un turismo que había no seu interior.

Segundo informou a central de coordinación de urxencias do 112, á parte das perdas materiais, non houbo que lamentar danos persoais, aínda que ambos os anciáns foron desaloxados da súa casa como consecuencia do fume que chegou a acumularse na vivenda.

O 112 foi alertado polos servizos sanitarios de urxencia ás 03:48 horas e, inmediatamente, pasou aviso do incendio aos bombeiros do parque de Monforte de Lemos e á Garda Civil.

Un curtocircuíto barállase como causa máis probable do lume.

Comentarios