Deputados e senadores do PP piden que non se pechen as salas do 091 en Lugo e Ourense

Os populares apuntan que o servizo será menos eficiente se se deriva á Coruña por unha falta de proximidade co entorno por parte dos axentes ao cargo
Un coche de la Policía Nacional. ARCHIVO
photo_camera Un coche de la Policía Nacional. ARCHIVO

Os deputados e senadores do PP denuncian a decisión de Pedro Sánchez de  pechar as salas do 091 nas Comisarías de Policía de Lugo e Ourense

As dependencias lucenses e ourensanas contan cun déficit de 41 e 48 axentes respectivamente, polo que, defenden que é tamén "urxente" cubrir o total do cadro de persoal

Os deputados e senadores populares por Lugo, Jaime De Olano e Joaquín García Díez; e José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Lorenzo Varela; e, por Ourense, Ana Vázquez e Celso Delgado; Francisco Jesús Fernández Pérez, María del Carmen Leyte Coello, e Miguel Viso Diéguez, denuncian a decisión do Ministerio do Interior de pechar as Salas do 091 nas Comisarías de Policía das cidades de Lugo e Ourense.

Nun comunicado, os populares sinalan que estas Comisarías contan con Salas do 091, que "funcionan as 24 horas ao día, 365 días ao ano", atendendo a "máis de 200.000 veciños" en ambas as cidades. 

Sinalan que "o peche destas Salas e a súa derivación á cidade da Coruña, supoñería ademais dun agravio a dúas importantes capitais galegas, unha diminución notable na eficacia deste servizo prexudicando a seguridade en ambas as cidades, debido á proximidade e ao coñecemento que deben ter os axentes da zona de influencia. Sendo este un servizo que require de proximidade para que o tempo de reacción sexa o máis rápido posible, cun coñecemento exacto de cada recuncho da cidade".

Comentarios