Denuncian que un home intentou levar a unha menor á saída dun colexio na Coruña

Desde o propio centro e desde outros limítrofes, pediuse ás familias que extremen as precaucións
Una profesora guía a los alumnos el primer día de colegio. AEP
photo_camera Una profesora guía a los alumnos el primer día de colegio. AEP

Unha familia denunciou ante a Policía Nacional que un home intentou levar á súa filla menor á saída dun colexio da Coruña, segundo confirmaron a Europa Press fontes policiais.

O caso está a investigarse tras a denuncia presentada o pasado día 4 e por uns feitos que se produciron no exterior do colexio Compañía de María.

Desde o propio centro e desde outros limítrofes, pediuse ás familias que extremen as precaucións tanto á entrada como á saída dos seus fillos e fillas. Aínda que trasladan unha mensaxe de tranquilidade, piden ser "cautos".

Segundo o que transcendeu do caso, a persoa intentou facerse pasar por coñecido da familia e tratou de levar á menor, sen que lograse o seu obxectivo.