sábado. 04.07.2020 |
El tiempo
sábado. 04.07.2020
El tiempo

Denuncian desfeitas graves nun castro de Barreiros tras uns traballos forestais

"Unha vez máis vemos como a industria do eucalipto actúa con total impunidade e con absoluto desprezo polo noso patrimonio", lamenta Adega e Mariña Patrimonio

Adega e Mariña Patrimonio presentaron unha denuncia por mor dos danos ocasionados no xacemento arqueolóxico do Castro da Rilleira, en Barreiros, como consecuencia duns traballos forestais.


"Unha vez máis vemos como a industria do eucalipto actúa con total impunidade e con absoluto desprezo polo noso patrimonio ao danar un xacemento arqueolóxico catalogado e protexido", precisaron ambas as organizacións nun comunicado.

Tamén lamentaron a "total desconexión entre Medio Rural, Patrimonio e a industria forestal", así como o "deixamento por parte da Xunta de Galicia", que "logo desta denuncia, empezará a buscar escusas para non actuar en contra da todopoderosa industria do eucalipto".

"A destrución e os danos repítense", recordan ambos os colectivos, porque "hai exactamente un ano" denunciaron os danos "provocados pola plantación de eucaliptos noutra parcela dese mesmo castro", sen que "a día de hoxe produciuse unha resposta por parte da Dirección Xeral de Patrimonio.

Adega e Mariña Patrimonio recordan que "para algúns investigadores" o Castro da Rilleira, ten un "gran significado histórico", porque sería "o lugar no que se asentaban os cibarcos, unha tribo galaica da que fala o historiador romano Plinio El Viejo".

Denuncian desfeitas graves nun castro de Barreiros tras uns...
comentarios