Denuncian o "ataque fascista e misóxino" ao mural feminista da Gran Vía de Vigo 

A obra rende homenaxe a sete pioneiras do feminismo galego
Pintadas sobre el mural feminista de la Gran Vía. TWITTER
photo_camera Pintadas sobre o mural feminista da Gran Vía. TWITTER

A Batukada feminista de Vigo Tamborililás e a Marcha Mundial das Mulleres denunciaron o ataque "fascista e misóxino" ao mural feminista deseñado por Eva Casais situado na Gran Vía da cidade olívica.

O mural, que rende homenaxe a sete pioneiras do feminismo galego –Corona González Santos, Saladina, Rosario Hernández A Calesa, Carmen González A Picoña e Urania Mella– apareceu cuberto con varias pintadas machistas como "Stop Feminazis".

Mural feminista en la Gran Vía de Vigo, dedicado a siete mujeres viguesas que lucharon por la igualdad, la democracia y los derechos humanos.

Entre la primera imagen y la segunda pasaron 34 días. Apenas un mes fue suficiente para recibir este ataque machista. Ni un paso atrás. pic.twitter.com/T82GC7imTY

— Manuel Iglesias (@manuid7) May 18, 2021

"Denunciamos publicamente este tipo de agresións contra as asociacións e colectivos de mulleres froito da violencia machista estrutural e patriarcal que a sociedade tolera e os medios amparan blanquexando esta ideoloxía", apuntan desde a Batukada feminista de Vigo Tamborililás e a Marcha Mundial das Mulleres, que condenan "a misoxinia, machismo e fascismo deste ataque".

O vindeiro xoves 20 de maio levarase a cabo a restauración do mural desde as 19.00 horas.

Comentarios