Deixa a comida ao lume e ao volver atópase con que os bombeiros pasaron pola súa casa

Un veciño da Coruña marchouse da súa casa coa comida no lume e cando volveu atopouse coa casa aínda pechada, pero coa pota lonxe da cociña tras a actuación dos bombeiros.

Onte ao mediodía unha persoa avisou á Policía Local e da Coruña e aos bombeiros da existencia de fume nunha vivenda situada na rúa Emilio González López, no barrio dos Rosales.

Varios efectivos desprazáronse á zona e chamaron varias veces ao timbre, aínda que ninguén lles contestou e tiveron que abrir a porta desde fóra para comprobar a orixe do fume.

Xa no interior déronse conta de que non había ninguén en casa, aínda que atoparon unha pota no lume con restos de comida dentro, que estaban queimados e desprendían abundante fume no que debería ser a comida dos propietarios da vivenda.

Entón os bombeiros apagaron a cociña e retiraron a pota da zona que aínda estaba quente para evitar danos maiores, segundo explica a Policía Local nun comunicado.

Os efectivos abandonaron o lugar e deixaron a vivenda novamente pechada sen que aparecese en todo ese tempo ningunha persoa responsable.

A sorpresa tivo que ser maiúscula cando chegou o propietario e atopouse a casa pechada, aínda que en canto entrou puido observar que alguén estivera alí só para evitar un incendio que, sen dúbida, quitouna as ganas para comer.

Comentarios