Ditada unha nova apertura de xuízo oral ao alcalde de Caldas de Reis

A xuíza declara nulo o primeiro auto pero dita un novo proceso contra Juan Manuel Rei, acusado dun delito de malversación de caudais públicos polo presunto pago dunha multa de 600 euros con cargo aos fondos do Concello
El alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey a su llegada a la sede principal del PSdeG, en Santiago
photo_camera El alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey a su llegada a la sede principal del PSdeG, en Santiago

O Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº1 de Caldas acordou a nulidade do auto de apertura de xuízo oral ditado o 30 de marzo contra o alcalde de Caldas, o socialista Juan Manuel Rey, acusado de cometer un delito de malversación de caudais públicos.


A xuíza acepta a causa de nulidade alegada pola defensa do imputado e recoñece que na resolución non se facía referencia aos motivos polos que se entendía que concorrían indicios de responsabilidade penal.


Mais, ao mesmo tempo que se acordou a nulidade do auto, ditouse un novo no que, de acordo co escrito de conclusións provisionais presentado pola Fiscalía, decrétase de novo a apertura de xuízo oral tras relatar os feitos que se imputan ao alcalde.  En concreto, a xuíza refírese ao pago dunha multa coercitiva, en setembro de 2010, de 600 euros con cargo aos fondos públicos do Concello.


''Os indicios de responsabilidade penal en contra do acusado despréndense das dilixencias de investigación practicadas nas presentes actuacións'', indícase na resolución, onde se recorda que ''o imputado sempre admitiu a realidade dos pagos efectuados, procedendo á restitución das cantidades abonados con cargo ás arcas municipais''. A titular do xulgado entende que a ''cuestión controvertida'' de determinar se a actuación do alcalde foi dolosa e se existiu ou non pola súa banda control respecto da actuación do alcalde accidental respecto ao pago dunha das multas ha de ser dilucidada no acto de xuízo oral.


O auto sinala como órgano competente para o enjuiciamiento o tribunal do xurado da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Comentarios