David Oubel podería quedar en liberdade logo de 30 anos no cárcere

Transcorrido ese tempo, a condena imposta será revisada e, en caso de cumprirse determinadas circunstancias, como bo comportamento, tería a oportunidade de saír ao acollerse ao terceiro grao

Se o Tribunal encargado de xulgalo considerase que David Oubel Renedo é responsable da morte das súas dúas fillas, Amaya e Candea, permanecería durante un máximo de 30 anos no cárcere. Todo apunta na dirección de que o fiscal o acusará de dous delitos de asasinato, co agravante de aleivosía, polo que a pena que solicitará será de prisión permanente revisable, como xa adiantou, polo que pode ser condenado a 32.

No entanto, o seu tempo de estancia entre barrotes podería reducirse lixeiramente porque, transcorridos 30 anos, será revisada a condena imposta e, se se rexistrasen determinadas circunstancias, como bo comportamento, petición de perdón e que faga fronte ás indemnizacións, das que podería verse exento no caso de que se declarase insolvente, tería a oportunidade de saír ao acollerse ao terceiro grao.

Ademais, un experto consultado por Diario de Pontevedra mantén que para entón xa cumpriría 70 anos polo que de acordo co novo Código Penal en vigor podería saír do cárcere.

Por outra banda, hai outra expectativa que podería provocar unha notable viraxe no futuro que lle espera a David Oubel Renedo.

A raíz dos resultados que se produzan nas próximas eleccións xerais, o novo Goberno podería verse ante a esixencia de modificar de novo o Código Penal, coa finalidade de suprimir a pena de prisión permanente revisable. De ser así, a Oubel tería que serlle aplicada a norma máis beneficiaria para o reo, polo que podería chegar incluso a saír antes.

comentarios