Catro municipios conformarán unha mancomunidade coa que axuntar taxas e servizos

Os concellos pontevedreses de Campo Lameiro, Cotobade, Cerdedo e Forcarei constituiranse nunha mancomunidade para unificar servizos e taxas, segundo anunciaron hoxe os rexedores xunto ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.

A mancomunidade recibirá o nome de Conca de Lérez, en referencia á ría que transita polos seus territorios e que desemboca en Pontevedra, e será constituída para facer fronte aos "servizos extraordinarios" como a atención psicolóxica, a orientación laboral ou a información á muller, así como residencias ou centros culturais.

Os catro municipios, gobernados todos polo PP, suman 13.000 habitantes, e a mancomunidade asinará os seus estatutos durante o mes de marzo, segundo prevé Louzán, que impulsa desde hai uns meses este tipo de colaboracións intermunicipais.

Outra das finalidades da Deputación é conseguir mediante a unión o acceso a subvencións europeas para proxectos de valorización do patrimonio cultural, natural e etnográfico.

Comentarios