Críticas pola falta de control de aforamento nun concerto do Panorama que "puido acabar en traxedia"

O PSOE e o BNG denuncian a falta de previsión do goberno local
La multitud en Ourense. TWITTER
photo_camera La multitud en Ourense. TWITTER

A gran "afluencia" de público asistente ao concerto ofrecido a noite do luns, 16 de maio, pola orquestra Panorama na cidade de Ourense –que segundo La Región obrigou a interromper durante 50 minutos a actuación–segue provocando as críticas de grupos políticos e tamén de distintas persoas a través das redes sociais.

Segundo explicou o Concello, a actuación musical, celebrada no marco das festas do barrio do Couto, superou todas as previsións "tanto da comisión de festas como dos servizos técnicos do concello", dada a "extraordinaria cantidade de espectadores" que se achegaron ao concerto.

Esta situación, precisou o consistorio, "fixo necesario un gran traballo por parte das forzas de seguridade para afrontar a situación" aínda que "non houbo que lamentar incidentes".

Tras o ocorrido, os distintos grupos políticos que forman parte da corporación municipal han criticado o posible risco que supuxo a afluencia masiva de xente.

O BNG criticou este mércores nun comunicado a falta de organización e control do evento o que "propiciou momentos de moita tensión e incerteza" pondo "en risco" aos asistentes e recordou que este grupo reclamou desde o inicio de mandato un plan de urxencias municipal.

O portavoz nacionalista Luís Seara pediu ao goberno PP-DO "reflexión" e que se tomen as medidas oportunas para evitar que se repitan estas situacións. 

Ademais, Seara lamentou que o alcalde ourensán Gonzalo Pérez Jácome "lonxe de asumir algún tipo de responsabilidade" destaque a "gran" afluencia de xente e recordou que o concerto "puido acabar en traxedia".

Pola súa banda, o PSOE de Ourense tachou de "extremadamente grave" a "falta de previsión" do Goberno local durante a actuación e asegurou que se puxo "en grave risco a miles de persoas" que se achegaron ao espectáculo e a rúas adxacentes, situación da que responsabilizou ao Executivo de DO e o PP.

Para os socialistas, o "desgoberno de Jácome e o PP puxo en perigo á cidadanía", polo que advertiron que non se pode "permitir que se xogue con algo tan serio como a seguridade e non pase nada".

Así, denuncian que unha das rúas converteuse "nunha rateira" con miles de persoas atrapadas pola multitude sen que o concello uwPor este motivo, avanzou que esixirán que se depuren "todas as responsabilidades" tras criticar a falta de medidas para garantir a seguridade. Desde o PSOE, insisten en que tivo que ser "o propia Panorama a que reclamou en varias ocasións que deixase de achegarse xente á zona".

Comentarios