Polo menos nove detidos nunha operación paralela nas catro provincias contra Resistencia Galega

A maioría dos arrestos producíronse en Pontevedra, aínda que podería haber máis nas próximas horas. A Garda Civil está a levar a cabo un grande operativo e controis de seguridade por toda a comunidade

A Garda Civil detivo nove persoas en todas as provincias galegas, membros da organización Causa Galicia, acusados de enaltecemento do terrorismo e relacionados con Resistencia Galega, informaron a Efe fontes da investigación.

Os detidos, segundo as fontes, son todos dirixentes de Causa Galicia e a maior parte foron arrestados en Pontevedra.

A Garda Civil mantén desde primeira hora deste venres despregados dispositivos nas provincias de Lugo, Ourense, A Coruña e Pontevedra na denominada operación Jaro, contra a contorna da organización terrorista Resistencia Galega, segundo un comunicado do Ministerio do Interior.

A operación continúa aberta e prevense detencións contra persoas integradas en estruturas que dan apoio ao mencionado grupo terrorista.

Comentarios