Ordenan separar aos catro irmáns Morones en cárceres distintos

Sinaí, Juan Paulo, Saúl e Marino Giménez están clasificados como presos de especial seguimento. Serán trasladados a Monterroso, Teixeiro, Villabona e A Lama

Sinaí Giménez e os seus tres irmáns, Juan Paulo, Saúl e Marino, durmirán en prisións distintas. Así o ordenou Institucións Penales, tendo en conta que os membros do clan dos Morones foron clasificados como presos FIES, de especial seguimento.

O xefe da trama desarticulada na operación Vida, Sinaí Giménez, será trasladado á prisión asturiana de Villabona, segundo informa este xoves Faro de Vigo. Saúl irá a Monterroso e Juan Pablo, ao centro penal de Teixeiro.

Prisións tomou a decisión tres horas antes de que o titular de xulgado de Instrución 3 de Cangas, David Pérez Laya, ditase prisión para Marino Giménez, o último dos irmáns detidos. 

Marino está pendente de xuízo polo intento de roubo de cocaína a uns traficantes coa colaboración dun axente da Garda Civil. O seu arresto e o da súa parella produciuse o martes nunha segunda fase da operación Vida, que investiga supostas extorsións a vendedores ambulantes e outros delitos, como organización criminal, contra a Seguridade Social, tráfico de drogas, tenencia ilícita de armas e branqueo de capitais.

Comentarios