HEMEROTECA. Morre ao caer por un precipicio en Navia de Suarna

O seu corpo foi a dar ao fondo dunha fervenza de difícil acceso

Un home faleceu onte en Navia de Suarna (Lugo) tras caer por un precipicio, informou hoxe o servizo de urxencias 112.

O suceso ocorreu pasas as 20 horas de onte no lugar de Mera, en Barcia, no municipio de Navia de Suarna.

Por causas que se descoñecen o home caeu polo precipicio e foi a dar ao fondo dunha fervenza de difícil acceso.

Por este motivo foron mobilizados os bombeiros de Sarria, que se encargaron de recuperar o cadáver.

Ao lugar do accidente acudiu tamén persoal da Garda Civil e do GES de Becerreá.

Comentarios