Convocada para este luns unha concentración para evitar un desafiuzamento

A plataforma Stop desafiuzamentos convocou mañá unha concentración, á que adiantaron o seu apoio varios líderes políticos, para impedir que se faga efectiva a orde de desaloxo que pesa sobre a octoxenaria Aurelia Rey, que reside na rúa Padre Feijoo.

O acto, previsto ás 10:00 horas, contará coa presenza de concelleiras e militantes socialistas, de Esquerda Unida e do BNG, coa asistencia do seu portavoz parlamentario, Francisco Jorquera, informan nun comunicado.

Desde Esquerda Unida sinalan que se adhiren a esta convocatoria para "evitar que deixen na rúa" a esta anciá, como tamén afirman os nacionalistas galegos, ao que os socialistas engaden que a de mañá é unha "boa oportunidade" para que o goberno do PP "demostre o seu rexeitamento a esta fervenza de desafiuzamentos con medidas urxentes e decisións concretas".

Comentarios