viernes. 16.04.2021 |
El tiempo
viernes. 16.04.2021
El tiempo

Convocada para o luns unha manifestación en Santiago pola "crise xeneralizada" do lácteo

A Organización de Produtores de Leite chama a profesionais vinculados ao sector a unha marcha pola capital galega que partirá ao mediodía da Consellería de Medio Rural

A Organización de Produtores de Leite (OPL) convocou para o luns unha manifestación pola "crise xeneralizada" no sector e contra as actuacións "abusivas" da industria.

Esta organización sostén tamén, nun comunicado, que a Administracion "ata o momento" non ha intercedido para paliar esta situación.

Segundo a OPL, na manifestación participarán, ademais dos produtores, entidades vinculadas, dado que esta "grave situación" que afrontan os gandeiros afecta indirectamente a todas as empresas de servizos auxiliares para o campo e os gandeiros, desde servizos veterinarios a empresas de alimentos para animais.

Os convocantes aducen entre os motivos desta marcha "os momentos cruciais e moi delicados" que atravesa o sector ante a entrada en vigor do novo paquete lácteo, "o espolio patrimonial das cotas" e a "desinformación" á que se someteu ao sector coa "supertasa e as actuais imposicións da industria".

A manifestación partirá ao mediodía do luns das inmediacións da sede da Consellería de Medio Rural, en Santiago.

Convocada para o luns unha manifestación en Santiago pola "crise...
comentarios