A Consellería de Medio Rural considera controlados os incendios forestais de Ribas de Sil e Calvos de Randín e extinguido o que se iniciou o venres en Cualedro.
Este último lume rexistrouse ás 23.19 horas do venres na parroquia de Montes e extinguiuse ás 20.49 horas do sábado, despois de que queimase 35,25 hectáreas de monte raso.
En canto aos de Calvos de Randín, trátase de dous incendios xa controlados, que afectou o primeiro a 99,27 hectáreas rasas e 28,85 arboradas, do Parque Natural Baixa-Limia Serra do Xurés, e o segundo a 4,2 rasas.
Finalmente, en Ribas de Sil o incendio rexistrouse ás 21.14 horas do venres e quedou controlado ás 19.15 horas do sábado e arrasou 18 hectáreas rasas e 15 arboradas.
Controlados os incendios forestais de Ribas de Sil e Calvos de Randín
Así mesmo, a Consellería de Medio Rural deu por extinguido o lume de Cualedro