Controlado un incendio na Mezquita que arrasou 20 hectáreas

O incendio declarado nun monte do municipio ourensán da Mezquita foi controlado ás cinco desta tarde, cando xa arrasara unhas 20 hectáreas de terreo, segundo informou a Consellería de Medio Rural nun comunicado.

Nos labores de extinción participaron tres axentes, sete brigadas, un bulldozer, tres motobombas, dous avións e catro helicópteros de extinción.

As dezasete hectáreas da superficie arrasada polas chamas correspondían a matogueira e monte baixo, mentres que os tres restantes eran de monte arboledo.

A Consellería afirma que o incendio ''non chega a ser nin un incendio mediano'', de acordo a un baremo da organización Greenpeace.

Comentarios