Un incendio forestal declarado na tarde deste martes na Coruña quedou controlado ás 20.52 horas, tras calcinar quince hectáreas aproximadamente, informaron a Efe fontes da Consellería de Medio Rural.
O lume iniciouse na zona de Bens, a parroquia de San Pedro de Visma, ás 14:53 horas, momento en que varios particulares deron aviso aos Bombeiros da Coruña e ao 112 Galicia.
Medio Rural mobilizou a dous axentes, seis brigadas, catro motobombas, unha pa, dous helicópteros e dous hidroavións. Ademais, dúas dotacións de seis persoas dos Bombeiros da Coruña tamén traballaron para sufocar o incendio forestal.
Segundo indicaron os Bombeiros do parque da Grela, en declaracións a Efe, trátase dunha zona "de moi difícil acceso", encima da depuradora, e os labores de extinción víronse dificultadas debido ao forte vento.
Así mesmo, a Policía Local e a Policía Nacional desprazáronse á zona para controlar os accesos.