Controlado o incendio forestal en Outes

O incendio forestal declarado no municipio coruñés de Outes, na parroquia do Freixo de Sabardes, logrou ser controlado logo de queimar unhas 50 hectáreas, a maioría terreo arboledo, informa a Consellería de Medio Rural e Mar.

O lume comezou ás 00:56 horas desta madrugada e quedou controlado ás 18:10 horas.

Nos traballos de control deste incendio participan 2 técnicos, 13 axentes, 29 brigadas, 1 Grumir, 16 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 2 avións.

Tamén traballan 26 efectivos da Unidade Militar de Urxencias (UME) e 3 camións motobomba, 1 nodriza (para dar servizo ás motobombas) e 3 vehículos de transporte.

A Consellería de Medio Rural e Mar recorda que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

Tamén esta habilitada a conta de twitter

Comentarios