Controlado o incendio de Carballeda de Valdeorras tras queimar 450 hectáreas

Medio Rural informou hoxe de que permanece controlado un incendio forestal rexistrado onte no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, que afectou a 450 hectáreas de monte raso.

O lume declarouse onte ás 16:30 horas e quedou controlado este mediodía, tras traballar na súa extinción numerosos medios aéreos: once avións e oito helicópteros, así como 32 brigadas.

Esta mañá, ademais, quedaron extinguidos outros tres lumes forestais, un deles xurdido na Fonsagrada (Lugo), que queimou 70 hectáreas, 50 delas de arboledo.

Tamén quedou apagado outro incendio en Vilardevós (Ourense), que comezou a pasada madrugada, e que queimou 130 hectáreas, a maioría de monte raso.

Finalmente, quedou extinguido un terceiro lume foresta en Viana do Bolo, que arrasou 75,1 hectáreas.

Comentarios