viernes. 05.06.2020 |
El tiempo
viernes. 05.06.2020
El tiempo

Continúa a procura do mozo portugués desaparecido tras caer no Miño

Reducirase o caudal do río até o mínimo posible para non afectar ao seu ecosistema durante unhas "tres ou catro horas"

A procura do mozo portugués de 26 anos desaparecido traer caer á auga no Miño na beira lusa de Remoães, en Melgaço, continuou este xoves pola mañá no río coa participación da Policía Marítima Portuguesa e a Comandancia Naval de Tui. Mentres, a Garda Civil española e a Garda Nacional Republicana (GNR) e a Protección Civil portuguesas colaborarán desde terra. Tamén se utilizará un helicóptero da Benemérita.

A actuación efectuarase no tramo do río comprendido entre a fronteira de Arbo con Melgaço e a comprendida entre Salvaterra de Miño e Monçao. Co obxectivo de facilitar os traballos, mediante a presa de Frieira, situada en Crecente, reducirase o caudal do río até o mínimo posible para non afectar ao seu ecosistema durante unhas "tres ou catro horas" da mañá deste xoves. 

Os feitos tiveron lugar este martes pasadas as 19.30 horas, cando o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dun compañeiro da vítima, que pedía axuda para localizar a un mozo desaparecido no río na zona de Melgaço e que, segundo sospeitan os axentes do GNR, caera á auga tras escorregar. Durante un tempo, as persoas que estaban con el tíñano á vista, pero a corrente do río arrastrouno ata que lle perderon o rastro. 

Os labores de procura realizadas este martes suspendéronse ao ocaso debido á perda de visibilidade e continuaron este mércores, cando se levaron a cabo durante as horas de luz solar entre a zona de Melgaço e a de Monçao. 

Continúa a procura do mozo portugués desaparecido tras caer no Miño
comentarios