As contas galegas de 2022 introducen un aval para que os menores de 35 compren vivenda

A aprobación final dos orzamentos está prevista no pleno fixado para o 21 de decembro
Un joven examina anuncios de viviendas en una inmobiliaria. AEP
photo_camera Un joven examina anuncios de viviendas en una inmobiliaria. AEP

A comisión de orzamentos do Parlamento galego debateu este martes as contas galegas para 2022, unha lei que introduce un aval para a compra de vivenda por parte de menores de 35 anos, en virtude dunha emenda impulsada polo PPdeG e que contou co apoio do PSdeG e coa abstención do BNG.

O proxecto de orzamentos chegará a pleno con polo menos media ducia de cambios. Entre eles figuran as catro emendas do grupo maioritario, dous acordos con sendas emendas do PSDEG, e a incorporación dunha emenda do BNG.

Concretamente, a través da proposta do Bloque, Facenda deberá comunicar no prazo de dez días (fronte á inicial de 30) as adaptacións técnicas dos orzamentos que procedan como consecuencia das reorganizacións administrativas, da habilitación de organismos autónomos e axencias públicas ou froito do traspaso de competencias entre administracións. A aprobación final das contas está prevista no pleno fixado para o 21 de decembro.

Comentarios