Os contactos estreitos dun positivo "non necesitan" recorrer a Atención Primaria

Sanidade recorda que a excepción está en se presentan síntomas ►Un total de 250 profesionais reforzarán a Central de Seguimento de Contactos para unha "óptima atención" aos cuarentenados
Imagen de una sanitaria. RAFA FARIÑA (ADP)
photo_camera Imaxe dunha sanitaria. RAFA FARIÑA (ADP)

A Consellería de Sanidade recorda á poboación que as persoas identificadas como contacto estreito dun positivo por covid-19 "non necesitan recorrer" a Atención Primaria agás que presenten síntomas.

A través dun comunicado de prensa, Sanidade explica que reforzou con 250 profesionais a Central de Seguimento de Contactos, co "ánimo de garantir unha óptima atención ás persoas cuarentenadas" por mor deste coronavirus á vez que, subliña, "evita unha sobrecarga de traballo ao persoal" de Atención Primaria.

Respecto diso, detalla que "estarán exentas de gardar corentena aquelas persoas que, a pesar de ser consideradas contacto estreito, estean vacinadas con pauta completa na data do último contacto coa persoa contaxiada", así como aquelas asintomáticas que pasasen a enfermidade –confirmada mediante proba diagnóstica– nos seis meses previos á última reunión co caso positivo.

Con todo, aclara que nos dous casos "existen excepcións" que obrigarían a eses contactos estreitos a gardar corentena: en caso de tratarse de persoa inmunodeprimidas, se existe a sospeita de que o contaxio débese a unha variante especial do virus –beta e gamma– ou se o contaxio procede dun visón".

PROTOCOLOS. Así mesmo, incide Sanidade en que os protocolos sanitarios determinan que os servizos dependentes de Saúde Pública "son os encargados de identificar, entrevistar, declarar ou non a corentena, facer o seguimento e solicitar as probas diagnósticas destas persoas".

De acordo con estes documentos, "considéranse contactos estreitos aquelas persoas que compartisen espazo cunha persoa infectada por coronavirus, cunha distancia interpersoal inferior aos dous metros e durante un período de tempo superior aos 15 minutos.

Tamén se considera contacto estreito ás persoas que, proporcionando coidados a un caso de covid-19, estivesen en contacto cos seus fluídos.

"As persoas que sexan identificadas por Saúde Pública como contacto estreito e, a condición de que o departamento sanitario non lle indique a obrigatoriedade de corentena, permanecerán baixo vixilancia", subliña Sanidade.

Pola súa banda, os contactos estreitos exentos de gardar corentena, engade, "deberán seguir as instrucións xerais de prevención e control: evitar lugares e eventos concorridos, o contacto coas persoas máis vulnerables á enfermidade, estar localizable, realizar as probas PCR que lle indica Saúde Pública, manter a distancia de seguridade e usar sempre a máscara".

"Se por calquera motivo, as persoas exentas de illarse non puidesen respectar as medidas de prevención e control, deberán gardar a correspondente corentena", matiza Sanidade.

En canto aos contactos estreitos aos que Saúde Pública determine a obrigación de gardar corentena, indica a Xunta, "contarán cun seguimento diario, ben por vía telefónica, ou ben mediante a plataforma Telea". Así, Sanidade remarca que "será este departamento sanitario quen contacte directamente con estas persoas".

ás persoas con obrigación de gardar corentena, Saúde Pública solicitaralle unha PCR aos cinco e aos dez días do seu último contacto coa persoa contaxiada. Se a proba realizada no décimo día é negativa, terminaría a corentena e se é positiva, o contacto pasará a considerarse caso confirmado, polo que recibirá unha nova chamada do persoal médico, no que se lle indicará como debe proceder en cada comento e como se implementará o seguimento de corentena.

Comentarios