Nove consellos para saír indemne da onda de calor que chega a Galicia

A organización de Consumidores e Usuarios (Ocu) e Protección Civil elaboraron unha serie de advertencias para combater as altas temperaturas destes días

Las playas gallegas recibieron a un gran número de visitantes este domingo. CHRISTIAN FERNÁNDEZ
photo_camera Día de praia. CHRISTIAN FERNÁNDEZ

A organización de Consumidores e Usuarios (Ocu) elaborou unha serie de consellos para previr riscos ante a onda de calor. Entre este mércores e o vindeiro luns 6 de agosto sucederanse días de sol con altas temperaturas que afectarán a media España e moitas zonas de Galicia.

Tanto a Ocu como os servizos de Protección Civil elaboraron unha serie de consellos para que estes días sexan o máis agradable posibles. Os consellos, que deben aplicar con especial coidado os grupos de risco -persoas maiores, nenos pequenos e enfermos crónicos-, poden resumirse nos seguintes puntos.

1 Non saír á rúa nas horas centrais do día (de 12.00 a 17.00 horas), pois son as máis calorosas. No caso de ter que saír do fogar, aconsella facelo con roupa lixeira que permita a transpiración e protexendo a cabeza e a vista con gorra, chapeu e lentes de sol e a poder ser, procurar permanecer en lugares frescos, á sombra ou climatizados.

2 Aplicar protección solar que se debe renovar regularmente. Ademais, tamén se debe limitar a exposición ao sol manténdose nun lugar ben ventilado.

3 Evitar o exercicio físico e as actividades intensas que requiran esforzo, sobre todo nas horas de máis calor. Ademais, recoméndase beber auga frecuentemente para evitar a deshidratación e evitar a inxesta de bebidas alcohólicas e bebidas con cafeína. 

4 Respecto da comida, aconsella alimentarse ben, comer a miúdo e elixir pratos lixeiros como ensaladas, froita ou sopas frías, que axudan a repor os sales perdidos pola suor. As comidas lixeiras e ricas en auga e sales minerais son básicas así como beber líquidos frecuentemente. Ante síntomas provocados polas altas temperaturas e que se prolonguen máis dunha hora, recomenda acudir ao médico.

5 En canto á vestimenta, recoméndase pór roupa de cores claras cubrindo a pel e a cabeza.

6 No domicilio, débese ventilar a casa durante as primeiras horas da mañá e pola noite e aconséllase baixar as persianas nas horas de máis calor para evitar que o sol entre directamente.

7 Tamén se recomenda manter os medicamentos nun lugar fresco debido a que a calor pode alterar a súa composición e os seus efectos.

8 Á hora de circular en coche, recoméndase ter especial coidado de que a temperatura non sexa moi alta, pois a calor excesiva provoca somnolencia.

9 As altas temperaturas facilitan a propagación de incendios forestais, polo que recomenda extremar as precaucións nas actividades no campo e pór atención ás normas da comunidade autónoma sobre prevención de lumes. Está prohibido acender fogueiras no monte e terreos próximos e só está permitido acampar en zonas autorizadas. En caso de incendio recoméndase avisar ao 112, evitar penetrar no monte ou bosque e atender as indicacións das autoridades competentes.

Comentarios