Confirman a morte violenta da moza Nerea Añel

A investigación afánase en dilucidar se a moza foi vítima dun crime
Nerea Añel. SOS DESAPARECIDOS
photo_camera Nerea Añel. SOS DESAPARECIDOS

A investigación aberta sobre o caso da Nerea Añel, cuxo cadáver foi achado en setembro nas proximidades dunha aldea de Barbadás, intenta determinar se a súa desaparición e o seu falecemento puido tratarse dun crime. 


A análise do corpo descartou as causas naturais e ha confirmado a morte violenta da moza, segundo indican a Europa Press fontes da investigación. A partir de agora, as pesquisas tentarán profundizar nas circunstancias para intentar determinar se houbo algún tipo de criminalidade ou non, posto que a presenza de violencia non implica necesariamente que se tratase dun homicidio (puido deberse a un suicidio ou incluso a un accidente involuntario). 


O cadáver foi localizado en avanzado estado de descomposición por uns sendeiristas que camiñaban polas proximidades dunha aldea abandonada, nos Muíños. A autopsia e o estudo dos restos por parte do Laboratorio de Criminalística da Dirección Xeral da Garda Civil en Madrid confirmaron posteriormente que se trataba da moza Nerea Añel, de 27 anos de idade, desaparecida dende o mes xaneiro. 


A súa familia víraa por última vez o día de Reis e o pasado mes de febreiro levou a cabo un rastrexo con cans da Policía Nacional nas inmediacións dun motel en Barbadás, onde fora vista a moza. O corpo localizado nas últimas horas atopábase a uns 400 metros dese motel.