A Confederación Hidrográfica Miño-Sil prevé un orzamento de 36 millóns euros para 2019

A entidade que preside José Antonio Quiroga confirma a amortización anticipada de débeda para poder financiar "actividades propias"

José Antonio Quiroga. ANA SOMOZA
photo_camera José Antonio Quiroga. ANA SOMOZA

A Confederación hidrográfica Miño-Sil aspira a ter un orzamento para 2019 que supera os 36,2 millóns de euros, segundo anunciaron este venres os seus responsables, implicados nun proceso de consulta sobre análise económica da auga. 

Así o indicou o presidente dese organismo, José Antonio Quiroga, nunha reunión na que, ademais, confirmou a amortización anticipada de débeda para poder "financiar as actividades propias".

Do orzamento previsto, espera destinar máis de 12,4 millóns á xestión e mantemento de infraestruturas, outros 7,2 millóns de euros a mellorar o saneamento e calidade das augas e 4,7 millóns de euros a labores de limpeza e mellora de canles.

Paralelamente, propón unha amortización anticipada de case 5,5 millóns de euros con dous anos de antelación ao vencemento da débeda pendente, o que nos permitirá, a partir de agora, dispor de crédito para financiar actividades como "a mellora e limpeza de canles, saneamento e depuración”, apuntou Quiroga.

O pasado 20 de outubro a Confederación iniciou un proceso de consulta pública dun plan de análise económica do uso da auga no que espera que os axentes e autoridades contribúan con propostas, "observacións e suxestións”, segundo Quiroga.

Comentarios