Un condutor ebrio multirreincidente 'rompe' o etilómetro en Mesía

Os axentes da Garda Civil tiveron que chamar a un vehículo especializado para medir a taxa de alcol, que superaba os límites de medida do dispositivo habitual

Control de la Guardia Civil. EP
photo_camera Control da Garda Civil. EP

A taxa de alcol superaba os límites de medición do etilómetro. EPUn control de alcoholemia realizado polo destacamento da agrupación de tráfico da Garda Civil acabou sorprendendo aos propios axentes ao exceder o condutor os límites de medida do etilómetro. E iso a pesar da hora á que se lle practicou a proba: as 12.16 do mediodía.

O infractor, multirreincidente, foi parado á altura do quilómetro 08,500 da estrada AC-223, no concello de Mesía. Segundo indica a Benemérita nun comunicado, o home dixo aos gardas civís "que viña da fonte de coller auga fresquita". 

Ao realizarlle a proba, foilles imposible determinar a taxa de alcol, xa que superaba os máximos que recolle o dispositivo de aproximación que utilizan as patrullas de estrada. Así, solicitaron a presenza dun vehículo dotado de etilómetro de precisión para a súa realización. 

O individuo xa fora sorprendido en xullo de 2018 e xaneiro de 2019 conducindo cunha taxa de alcol superior á permitida. O instituto armado considera que ten un problema de adicción ao alcol, polo que o propuxo para unha revisión psicofísica extraordinaria.

Comentarios