Un condutor de autobús urbano de Ourense dá positivo por coronavirus

O traballador está de baixa e tres compañeiros de quenda, en corentena
Proc/JFIF/EFE-Calidad:Excelente
photo_camera Usuarios dun bus urbano en Ourense. EFE

O Concello de Ourense e a empresa concesionaria do transporte urbano han activado o protocolo de seguridade despois de que un dos condutores dese positivo na proba do coronavirus o pasado sábado 2 de maio.

Segundo informou este mércores o consistorio local a través dun comunicado, o traballador está de baixa e os seus tres compañeiros de quenda gardan corentena nos seus fogares.

O goberno ourensán sinala que o transporte urbano da capital provincial cumpre as medidas establecidas na situación de alarma, que obriga a limitar ao 50% os viaxeiros e a que estes accedan con máscara e pola parte traseira do autocar, ademais de respectar a distancia de seguridade.

Así mesmo, destaca que "todos" os trabajadore do servizo contan con 'epis', máscaras e xeles; e que os vehículos se desifectan ao termo de cada servizo aplicando os protocolos establecidos.

Comentarios