Condenado a seis anos de prisión por abusar dunha menor en Ourense

A vítima, de trece anos de idade, era a filla da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense condenou a seis anos de prisión e cinco de liberdade vixiada a un home por abusar  sexualmente ata en once ocasiones da filla da súa parella, de trece anos de idade, na vivenda familiar, segundo informou este xoves o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

O tribunal tamén lle impuxo o abono dunha indemnización de 3.000 euros á vítima, coa que non poderá comunicarse nos cinco anos posteriores á súa saída de prisión, período no que tampouco poderá desempeñar ningunha profesión que comporte contrato directo con menores de idade.

O maxistrado considerou probado que o home realizou diversos tocamentos nos xenitais da filla da súa parella durante o ano 2016 e ata o 11 de abril de 2017, de acordo aos testemuños da vítima, que cualificou de "detallados, contundentes, precisos e dificilmente  controvertibles".

A sentenza non é firme e contra ela pode interpoñerse un recurso de apelación, que debe presentarse no próximos dez días ante a Sala do Civil e o Penal do TSXG.

Comentarios