O Concello da Coruña cancela o Festival Noroeste polas medidas sanitarias

O evento arrincaba na noite deste venres
La alcaldesa de A Coruña, Inés Rey. EFE
photo_camera A alcaldesa da Coruña, Inés Rey. EFE

O Concello da Coruña cancelou o Festival Noroeste Estrela Galicia, que comezaba na noite deste venres, tras as novas medidas sanitarias anunciadas polo Sergas este mediodía.

Fontes municipais confirmaron a decisión e avanzan que están a estudar se anularán tamén o resto do programa de festas.

O programa do festival para esta noite incluía os concertos de Triángulo de Amor Bizarro na praza de María Pita ou de Laura Lamontagne&Picoamperio no parque de Santa Margarita, entre outros. Os eventos estendíanse ata o domingo pola noite nunha versión XS, reducida, do festival, que chegaba á súa edición número 34 este ano.

Comentarios