Compromiso por Galicia decide ir en coalición co PNV a Europa

A militancia de Compromiso por Galicia (CxG) elixiu este sábado cun 69 por cento dos votos emitidos na súa Convención Nacional celebrada en Padrón (A Coruña) ir na candidatura do PNV ás eleccións europeas do próximo mes de maio, fronte a un 29 por cento que optou por unha candidatura galega.

Un grupo de militantes de Compromiso por Galicia (CxG), entre os que se atopan nomes como a concelleira Jessica Fernández Polo, o responsable local de Santiago, Modesto Toribio, e o secretario comarcal de Ferrol, Alvaro Montes, xunto con numerosos membros da Mocidade Nacionalista Galega, defenderon na convención que formación concorra en solitario nas eleccións europeas de maio, fronte á opción que resultou gañadora -cun 69% dos votos- que encabezan nomes como o exsenador Xosé Manuel Pérez Bouza ou Gonzalo Constenla, de acudir ás urnas co PNV.

Precisamente, o colectivo que defendeu a opción gañadora de ir en coalición con outras formacións, tamén apoiada por nomes como Rafael Cuíña, prodúcese despois de que a posibilidade de pechar unha candidatura galega con outras forzas nacionalistas -BNG e Anova- a vexan como "pechada". O secretario xeral da formación, Xoán Bascuas, levou a cabo o discurso de clausura.

Compromiso por Galicia, cuxas basees se escindiron do BNG tras a asemblea de Amio en que tamén se marchou o sector 'irmandiño' liderado por Beiras e que agora forma parte de Anova, debateu nesta xornada a forma na que concorrerán aos comicios ao Parlamento europeo resultando vencedora a aposta polo PNV

Comentarios