A compostelá Pipor constrúe en Nazaré a cuberta de piscina máis ancha de toda a península

O dispositivo ten 45 metros de longo e 31,5 de ancho
La piscina. EP
photo_camera La piscina. EP

A compañia compostelá Pipor acaba de instalar a cuberta móbil de piscina máis ancha da península ibérica. Con 45 metros de longo e 31,5 metros de ancho, o dispositivo —cuxo deseño e fabricación  tamén son obra de Pipor— está situado no Ohai Nazaré Resort, un glamping situado no municipio portugués.

"Para a nosa empresa, é un fito e un paso adiante moi importante", constata Jesús do Castelo, director de mercadotecnia e desenvolvemento de negocio da firma, que pon en valor que a enxeñería, o deseño e a construción supuxeron "un auténtico reto".

A cuberta ten 45 toneladas de peso e conta cun sistema de motorización propia de Pipor para a súa apertura, alimentado por placas solares. Cunha traxectoria de 25 anos, Pipor ten clientes en España, Portugal e Francia e capital 100% galego.

Comentarios