Román Rodríguez: "Está claro que a Lomloe rebaixa a cultura do esforzo e a igualdade das persoas"

O máximo responsable da educación en Galicia avalía o inicio do curso escolar, o primeiro ‘normal’ trala pandemia. O reto máis inminente pasa por encaixar os cambios "implementados dun xeito atropelado" na nova lei educativa. O desafío de futuro: afrontar unha crise demográfi ca que en apenas tres anos retirou das aulas 15.000 nenos galegos
Román Rodríguez. LUIS POLO
photo_camera Román Rodríguez. LUIS POLO

ROMÁN RODRÍGUEZ (Vento, Lalín, 1968) abriu as portas do seu despacho a este xornal para analizar polo miúdo o inicio de curso escolar e pasar revista ás fortalezas e puntos de mellora do sistema educativo. Segundo avanza, Galicia aumentará as axudas aos comedores e contará con máis docentes que na era precovid, pero terao difícil para modifi car as ratios. "Son das mellores de España", defende o conselleiro, quen saca peito do apoio á educación inclusiva, á escola do rural e á FP, con "taxas de empregabilidade brutais".

Este ano as clases comezaron con moitas novidades na ensinanza non universitaria. Sen mascarilla e cunha nova lei de educación, a Lomloe, que arranca polos cursos impares e con libros que aínda están chegando ás aulas. Que valoración fai deste inicio de tempada?

Obviamente, o sistema educativo galego ten capacidade para asumir os cambios da Lomloe, implementados polo Ministerio de Educación dun xeito moi atropelado, precipitado e improvisado. Preparámonos para que o impacto fose o menor posible, pero en certos ámbitos estamos pagando as consecuencias.

É vox populi que non é amigo desta nova reforma. Que impacto cre que pode ter no alumnado? Supón un paso atrás?

Non é ser amigo ou inimigo dunha lei, pero está claro que a Lomloe rebaixa a cultura do esforzo e a igualdade das persoas. Contra iso un político responsable no ámbito educativo non pode abstraerse. Coas posibilidades que temos como comunidade autónoma tomamos medidas para intentar minimizar o seu impacto. Isto supón dar criterios ao profesorado e garantías xurídicas para que poida levar a cabo as avaliacións dun xeito máis coherente. Tamén fi xar uns estándares de calidade que non desincentiven o esforzo e a motivación, e dar certezas. O sistema educativo non pode estar dando bandazos constantemente. A tramitación desta lei foi un cúmulo de incertezas (...) e todo isto xera a sensación de que cada Goberno quere facer a súa lei, algo que repercute moi negativamente no profesado, nas familias e en todo o sistema educativo.

"Aumentamos as achegas que lles damos ás anpas para os comedores e seguirémolo facendo"

A inflación disparou o custo do material escolar para cursar unha ensinanza que, ata os 16 anos, é obrigatoria. Máis dun 20% das familias están en risco de pobreza ou exclusión social. A Consellería contempla ampliar as axudas.

Fixémolo, estámolo facendo e ímolo facer. No curso pasado xa tomamos medidas para que os servizos complementarios non afec- "Está claro que a Lomloe rebaixa a cultura do esforzo e a igualdade das persoas" tasen de forma negativa. Ampliamos de 17 a 25 millóns de euros o investimento en libros, que como consecuencia da Lomloe teñen que cambiar nos dos cursos impares. E este ano aumentamos a inversión en comedores para amortiguar o impacto da inflación. No futuro seguiremos aumentando as achegas para axudar a quen máis o precisa. A nosa filosofía é que debemos axudar ás persoas e facilitar que o servizo educativo sexa o máis igualitario posible.

Pese as achegas, hai moita diferenza de prezos entre os menús dos comedores que xestiona a Xunta e os que xestionan as anpas. Por que esta disparidade?

A meirande parte dos comedores galegos son xestionados pola Xunta. Concretamente 417, que atenden máis de 60.000 usuarios que pagan en función da renta. O 80% desas familias pagan cero ou un euro. No prezo que fan outras organizacións non teño capacidade de decidir, pero aumentamos moi notablemente as achegas que lles damos ás anpas. E seguirémolo facendo para poder cubrir os custos do servizo.

Os Concellos xestionan 49 comedores e as anpas 167. En total son máis de 14.000 usuarios. A Xunta non pode asumir a súa xestión?

Normalmente as anpas xestionan os comedores coma un servizo de conciliación e a maioría funcionan razonablemente ben.

Este ano o curso escolar adiantouse un chisco en Galicia, pero hai asociacións de nais e pais que piden adiantar todavía máis a volta para favorecer a conciliación. En Cataluña fi xérono unha semana. Hai algún cambio previsto nesta dirección?

Nunca chove a gusto de todos. Houbo familias e organizacións que cuestionaron que comenzase o curso tan cedo e outras que din que hai que empezar antes. Todas as comunidades estamos iniciando as clases nun período semellante, pero isto demostra a importancia da educación. Non só como unha política pública que prepara aos mozos para o día de mañá, senón que tamén ten un impacto fundamental nas familias. Os que somos pais, como eu, que teño dous nenos pequenos, sabemos o que supoñen estes días de desaxuste entre as vacacións e as clases, pero todas as comunidades comezamos nunha data similar.

"A ninguén lle gusta facer adecuacións (nas aulas), pero a Administración ten que adaptar os recursos ás  necesidades"

Pero parécelle boa idea a proposta de Cataluña de adiantar o curso?

Persoalmente teño a miña opinión, pero ten que haber unha mínima transición entre o período vacacional e as aulas. Non sei que prazo é mellor, se dous ou seis días.

Axentes sindicais denunciaron que este ano, a dous días de empezar o curso, había máis de 700 docentes sen praza asignada que aínda non sabían en que centro ían traballar. Recortouse profesorado ou atrasouse a convocatoria?

O tempo dá e quita razóns, é o mellor xuíz. En moi poucos días, cando estea todo pechado, daremos un dato e estou seguro de que os que fi xeron estas afi rmacións arrepentiranse ou preguntaranse por que dixeron iso.

Non haberá recortes de profesorado.

Levamos moito tempo dicindo que imos ter un número moi semellante ao do curso anterior e que será, sen dúbida, superior ao do curso precovid, que é o que se debe comparar con este.

No último ano suprimíronse na provincia de Pontevedra 41 unidades en Infantil e Primaria. A Xunta vincula a rebaixa á caída da natalidade e subliña que perdeu uns 15.000 escolares nestes niveis. Porén, hai quen atribúe a baixada a un intento de reducir custos. Que responde o conselleiro?

A ninguén lle gusta facer adecuacións neste ámbito, pero é certo que, en comparación ao período prepandémico, hai eses 15.000 alumnos menos en Infantil e Primaria, pero tamén 130 unidades máis. Unha Administración ten que adaptar os recursos ás necesidades e ás demandas, e cumprir os marcos legais. E nós facémolo. Se nun centro educativo soben os alumnos no comedor, ampliamos o servizo, e se baixa, reducimos. É o que faría calquera familia. Administramos os recursos de todos os cidadáns e temos que facelo con coherencia.

E que sucede en Secundaria? Porque aí a masa estudiantil non perdeu tanto peso e, porén, hai varios centros que denuncian rebaixas no profesorado. A directiva do IES Soutomaior, por exemplo, presentou a súa renuncia polos recortes.

No amplo conxunto de Galicia hai centros que gañan alumnos e centros que perden, e hai marcos legais que temos que respectar. Se nun centro hai un profesor máis ou un menos, é lóxico, en base a adecuación dos recursos ás necesidades do centro. Son decisións que non son arbitrarias, senón que se basean en informes técnicos e no marco legal. Non se nos ocorrería ter unha necesidade e non cubrila.

Román Rodríguez2. LUIS POLO
Román Rodríguez2. LUIS POLO

 

Na cidade de Pontevedra a poboación menor de 3 anos descendeu un 45% na última década e en Galicia un 24,5%. O futuro da educación cara onde vai? Cara desaparición de centros e aulas ou cara a baixada de ratios?

Estamos ante unha problemática moi seria. As ratios están fixadas nunha lei, a Lomloe, que aprobaron todos os partidos de esquerdas hai moi pouco tempo. Galicia ten das mellores ratios profesoralumno de España. E despois de Navarra e País Vasco, que teñen un réxime foral, somos a comunidade autónoma que máis recursos públicos dedica por alumno. De feito, o 70% das nosas aulas teñen menos de 20 alumnos. Que quero dicir con isto? Que a educación é un servizo público que ten un marco e que, dentro dese marco, Galicia mellórao notablemente facendo un esforzo económico moi significativo. Somos a comunidade autónoma máis inclusiva de España, a que mellor atende as necesidades educativas especiais. E nos últimos datos que miden a calidade do sistema e os parámetros que se evalúan no informe Pisa somos, xunto con Castela e León, das mellores do país.

Pero, tendo en conta a crise demográfica, en que dirección vai camiñar a educación?

Temos que adecuar a prestación dun servizo á necesidade e cumprir as leis. Temos un gran sistema educativo e o que temos que facer é que avance. Para iso hai que ter programas de innovación, programas de inclusión, estratexias que dean oportunidades aos mozos no día de mañá e formación do profesorado.

Hai profesores que aseguran que con ratios máis baixas melloraron os resultados académicos. E que isto quedou probado durante a pandemia, na que se desdobraron clases.

Os profesores teñen unha gran capacidade de traballo. En Galicia temos a mellor ratio de España.

Este ano houbo dous peches pola falta de matrículas. O CEIP de Sillobre, de Fene, e o CEIP de Merza, de Vila de Cruces. A escola do rural está condenada a cambios?

Temos unha realidade demográfica. Eu vin nacer o colexio de Merza, pero este ano non había matrículas. Que sucede? Esa é a pregunta. En todo caso. Este Goberno dá o máximo apoio posible ao ensino rural e, se evaluamos este século, vemos que o maior peche de unitarias tivo lugar co bipartito, sen crise demográfica e sen crise económica, cunha media de 20 peches anuais. O ensino rural en Galicia ten os mesmos proxectos educativos, dá as mesmas oportunidades e colleita os mesmos resultados académicos que a escola urbana. Un dato importante: en Galicia temos 313 concellos e o 99,7% do alumnado de Infantil e Primaria conta con servizo educativo no municipio onde vive. A media estatal é do 53%.

"Somos a comunidade autónoma que máis recursos públicos dedica por alumno"

O diagnóstico de nenos con necesidades especiais aumenta con cada curso que pasa. Antes dicía que Galicia é un exemplo a seguir neste eido, pero en Pontevedra dous dos centros que empezaron a mobilizarse fixérono pola falta ou redución de profesores que atenden a este tipo de alumnos. Piden máis reforzos. Chegarán?

En atención á diversidade e a alumnos con necesidades educativas especiais queda moito por facer, pero tense feito moito. As estatísticas do Ministerio de Educación din que somos a comunidade máis inclusiva de España, con máis nenos con necesidades educativas en aulas ordinarias. Hai unha rede de profesionais moi potente, de case 4.000 profesores de Pedagoxía Terapéutica, especialistas en Audición e Linguaxe, orientadores... Pode haber algún caso que se deba avaliar ou corrixir, pero temos que ter a visión ampla do sistema e os datos falan dun compromiso moi forte da comunidade coa integración educativa.

Román Rodríguez3. LUIS POLO
Román Rodríguez3. LUIS POLO

 

Sectores básicos da economía sofren un importante déficit de persoal en oficios básicos. Debería ou pode a educación dar un xiro para cubrir estos ocos?

O problema é a nivel nacional. Por unha parte temos postos laborais sen cubrir e, por outro, atopamos unha bolsa potente de desempregados. Que facemos? Potenciar a FP. Duplicamos o número de titulados respecto aos que recibimos en 2009, e as cotas de empregabilidade son brutais. Na FP ordinaria a taxa é do 85% e na FP dual do 95%. En 2009, a porcentaxe era do 35%. Damos respostas ás necesidades individuais dos alumnos e ás necesidades empresariais de cubrir postos de traballo.

"Neste momento non prevemos unificar os IES de Chantada"

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten en marcha un Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para modernizar os centros de estudos. A provincia de Pontevedra despunta con case 130 obras valoradas en máis de 60 millóns de euros. En que vai percibir o estudantado este investimento?

Calquera persoa que entre nun centro educativo vai notar a diferenza. Nas tipoloxías dos espazos, no confort, nos illamentos acústicos... O centro educativo ten que deixar a imaxe tradicional dunha aula con cadeiras aliñadas. Ten que estar preparado para as novas pedagoxías, con espazos flexibles e adaptados, e vinculado á eficiencia enerxética. É un salto cualitativo e tamén progresivo, porque hai que pensar que temos 1.200 centros educativos.

Con 4,7 millóns de euros de inversión, a reforma do IES Valle Inclán sitúase como unha das maiores obras que prevé levar a cabo a Consellería. A previsión é comezar en 2023, pero é unha actuación moi ambiciosa. Será compatible coa actividade escolar?

É unha obra homologable ao propio centro. Estamos a falar dunha obra arquitectónica dunha elevada simboloxía na cidade de Pontevedra e dun enorme tamaño, porque son 8.000 metros cuadrados. Imos ver os plans de traballo que presentan as empresas e ver como se adecúan. Sempre hai molestias, é obvio, como cando unha familia fai reformas na súa casa. Non podemos facer tortilla sen romper ovos, pero o importante é ver a magnitude da inversión. Creo que vai quedar un dos mellores centros de Galicia e atreveríame a dicir que de España. Pola simboloxía, a arquitectura, o valor urbano e social, e o resultado.

Acaba de solicitar ao ministro de Educación, o socialista Miquel Iceta, a reforma da biblioteca de Pontevedra e do vello edificio de Facenda. Surtirá efecto?

Se estivese na miña man, seguro que si. Creo que a cidade de Pontevedra ten no seu corazón, na Praza da Ferrería, un moi bo edificio pegado ao convento de San Francisco. E nós entendemos que facer alí un gran equipamento cultural, cun gran arquivo e unha gran biblioteca pública sería moi beneficioso para a cidade de Pontevedra.

Comentarios