Citröen reducirá a súa taxa de produción de monovolúmenes a partir de novembro

A planta de PSA Peugeot Citröen de Vigo reducirá a súa cadencia de produción dos monovolúmenes C4 Picasso dos 40 á hora actuais a 35, a partir do mes de novembro, segundo confirmou a dirección ao comité de empresa.

Fontes sindicais consultadas por Efe sinalaron que esa rebaixa da cadencia terá consecuencias laborais que afectarán os traballadores con contrato temporal, nunha cifra superior ao centenar.

A razón esgrimida pola multinacional francesa para realizar este axuste de produción é a caída da demanda do C4 no mercado europeo.

á espera de que haxa un repunte, a planta de Balaídos decidiu baixar o ritmo de produción para evitar a "sangría" dos días de parada de toda a factoría, sinalan as fontes sindicais.

Comentarios