Cinco feridos en estradas pontevedresas este sábado

Unha persoa resultou ferida este mediodía na localidade pontevedresa de Vilagarcía de Arousa tras sufrir un atropelo.

Os feitos sucederon, concretamente, ao redor das 13.15 horas deste sábado na rúa Azobispo Andrade do municipio, tras o que se deu aviso aos equipos de Urxencias médicas e policiais que se desprazaron ao lugar.

Por mor das feridas que presentaba, a vítima tivo que ser evacuada ao Hospital do Salnés.

Pouco máis tarde, preto das 14.00 horas, un vehículo saíase da vía en Meaño, concretamente, na estrada AG-41, e deixaba dous feridos hospitalizados por mor das súas feridas, de diversa consideración.

Horas antes, as estradas da provincia eran escenario doutra saída de vía que deixaba outros dous feridos en Caldas de Rei. Un coche que circulaba preto das 8.00 hotas desta mañá pola AP-9 á altura da localidade, saía da vía tras romper a varanda.

No vehículo viaxaban catro persoas, pero só dúas delas foron enviadas ao hospital tra avaliar o seu estado os equipos acudidos no lugar. Estas dúas persoas tiveron que ser excarceradas do interior do coche -para o que se debeu cortar dúas portas do mesmo-, aínda que as outras dúas lograron saír polos seus propios medios.

 

Comentarios