Cinco das filiais de Pescanova en concurso evitan a liquidación

Pescanova Alimentación, Frigodis, Frivipesca Chapela, Baixamar Séptima e Fricatamar, a metade das dez firmas afectadas, aproban por maioría os seus respectivos convenios de acredores
Los acreedores de diez filiales de Pescanova en concurso de acreedores votan las propuestas de convenio presentadas
photo_camera Los acreedores de diez filiales de Pescanova en concurso de acreedores votan las propuestas de convenio presentadas

A metade das dez filiais de Pescanova en situación concursal evitaron este xoves a liquidación ao aprobar a maioría dos seus acredores o convenio proposto pola banca.

É o caso de Pescanova Alimentación, que obtivo o visto e prace do 95,45% dos acredores; Frigodis (94.37%), Frivipesca Chapela (89.31%), Baixamar Séptima (80.91%) e Fricatamar (85.39%), informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

O Xulgado do Mercantil 1 de Pontevedra acolleu ao longo desta mañá a primeira quenda das xuntas de acredores, unha por cada empresa filial, mentres que a outra metade celebrarase o venres. En todos os casos, aprobáronse as propostas de convenio presentadas polo denominado G-7, o núcleo duro dos bancos acredores, formado por Abanca, Caixabank, Sabadell, Bankia, BBVA, Popular e UBI Banca, e rexeitáronse as de Pescanova.

Entre todas, arrastran unha débeda duns 800 millóns de euros. As quitas aprobadas oscilan entre o 70% e o 99%

No caso de Baixamar Séptima, o G-7 contou co apoio doutras entidades financeiras, como HSBC ou Citi, para sacar adiante a súa proposta de convenio, xa que non eran os acredores maioritarios, do mesmo xeito que sucede con Frinova. Esta última máis Insuiña, Pescafina Bacalao, Novapesca Trading e Pescafresca completan a decena de filiais de Pescanova ameazadas coa liquidación. A partir de hoxe son as únicas. Entre todas, arrastran unha débeda duns 800 millóns de euros. As quitas aprobadas oscilan entre o 70% e o 99%.

Santiago Hurtado, de Deloitte, administrador concursal de Pescanova, advertiu da importancia da aprobación dos convenios de acredores de cada unha das dez filiais, xa que "a alternativa", dixo, sería a súa liquidación, que levaría a extinción da matriz.

Pescanova fixou a celebración o 28 de maio, en primeira convocatoria, e para o día seguinte, en segunda, a súa xunta xeral ordinaria de accionistas, na que se aprobarán os resultados da empresa pesqueira, abordarase a modificación dos estatutos sociais para adaptalos á Lei de Sociedades de Capital e o informe anual sobre remuneracións dos conselleiros. Ademais, outorgarase a autorización ao consello de administración, con expresa facultade sustitutiva para a adquisición de accións propias por parte da sociedade e polas súas empresas dependentes, e informarase sobre a folla de ruta do convenio de acredores.

Comentarios