A CIG di que Educación rectifica e duplica as prazas de profesores a concurso excepcional

As vacantes ofertadas nos procesos selectivos de 2022 pasarían de 500 a 1.100, segundo o sindicato
Una profesora dando clase en un instituto gallego. EFE
photo_camera Una profesora dando clase en un instituto gallego. EFE

Un total de 1.100 prazas de profesor sairán a concurso excepcional para consolidación de emprego en Galicia, máis outras 115 que se ofertarán en concurso-oposición e sumaranse coas xubilacións de 2022, segundo informa a CIG. Así se expuxo este martes na mesa sectorial de educación celebrada en Santiago entre a Xunta e as organizacións sindicais educativas, na que se elaborou un borrador co número de prazas que deberán ofertarse nos procesos selectivos deste ano.

Aínda que este borrador non é definitivo, pois aínda debe ser estudado por parte dos sindicatos e discutido de novo nunha reunión o próximo 7 de abril, desde a CIG sinalan que a Consellería de Educación deu "resposta" ao esixido polos sindicatos. Segundo a CIG, Educación "rectifica" e pasa das 500 prazas anunciadas polo conselleiro ás 1.100, duplicando as prazas a concurso excepcional.

Aínda que os criterios xerais da consellería coinciden, en xeral, cos da CIG, o sindicato sinalou algunhas "discrepancias", que teñen que ver coa transparencia nos datos, o carácter estrutural das prazas, o cálculo das prazas temporais ou a data de referencia para o cálculo das mesmas, entre outras. 

A central nacionalista ha asegurado que Educación aceptou a súa solicitude de que non se tivesen en conta as reducións horarias dos cargos directivos. Unha modificación que a CIG considera positiva porque permite ofertar máis prazas, pero insiste en que esa redución "non afecta por igual en todas as especialidades".  Ademais, afirmou que a Consellería se comprometeu co sindicato a que este mércores lles trasladen un documento con todas as prazas de todos os centros. 

Así mesmo, o sindicato criticou que non se especificou a situación do profesorado que imparte docencia en especialidades que non poden ser convocadas. Sobre isto, indican que a Consellería lles comunicou que "non poden ser ofertadas e que non teñen outra alternativa". 

Nesta mesma liña, tamén manifestaron que esixirán "máis concreción" sobre profesorado especialista e demandarán que as prazas de discapacidade que "no caso improbable" queden libres, pasen á quenda libre como no concurso oposición ordinario. 

A consellería presentou xa a semana pasada unha serie de criterios para determinar "como se deben computar e decidir que prazas son as que saen tanto ao concurso excepcional como ao concurso de oposición extraordinario", explicou a Efe o secretario de CIG Ensino, Suso Bermello, que engadiu que o número de prazas que sairán é aínda "provisional", xa que existe aínda un período de alegacións.

"Mandarémoslle unha proposta con todas as nosas alegacións e as prazas que consideramos que faltan á consellería. Volveremos ter unha reunión o próximo día 7 e supomos que de aí haberá xa unha relación definitiva de prazas", sinalou Bermello.

O secretario de Ensino declarou que se trata dunha "rectificación en toda regra" por parte da Xunta en canto ao número de prazas, tras un traballo "moi intenso" desde os sindicatos". "En principio a idea é que, salvo sorpresa, esa cifra podería sufrir cambios a maiores, non a menores", engadiu. 

Comentarios