jueves. 26.05.2022 |
El tiempo
jueves. 26.05.2022
El tiempo

Ceos despexados en xeral, con algún chuvasco ocasional no terzo norte

Durante a xornada de hoxe sábado Galicia manterase baixo a influencia dun anticiclón centrado sobre o Golfo de Biscaia, pero aínda con aire frío en altura e ventos do nordeste.

Esta situación orixinará intervalos nubrados no terzo norte con algúns chuvascos ocasionais, máis frecuentes na tarde-noite e de neve por encima dos 900 metros, mentres que no resto da Comunidade os ceos estarán pouco nubrados ou despexados.

As temperaturas estarán sen cambios significativos, con xeadas débiles no interior. Os ventos soprarán frouxos do nordeste, con intervalos de moderado no litoral atlántico.

Temperaturas previstas para hoxe:

A Coruña, 4°/13°; Cuntis, 4°/12°; Ferrol, 3°/13°; Fisterra, 7°/13º; Lalín, -2°/10°; Lugo, 0°/9°; Monforte, 0°/10°; O Barco, -2/10°; Ortigueira, 6°/11°; Ourense, 0°/12°; Pedrafita, -2°/4°; Pontevedra, 5°/14°; Ribadeo, 5°/11°; Santiago, 3°/11°; Verín, -3/11; Vigo, 4°/15°; Vilagarcía, 6°/13°; Viveiro, 5°/11°.

Estado do mar:

Costa Cantábrica: Vento nordeste, forza 2 a 4 pola mañá a 2 a 3 pola tarde; marejadilla. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros pola mañá a 2 a 3 metros pola tarde.

Ártabro e Bares: Vento nordeste, forza 2 a 4 pola mañá a 3 a 4 pola tarde; de marejadilla a marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros pola mañá a 2 a 3 metros pola tarde.

Costa da Morte: Vento nordeste, forza 3 a 4 pola mañá a 3 a 5 pola tarde; marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros pola mañá a 2 a 3 metros pola tarde.

Rías Baixas: Vento nordeste, forza 3 a 5; marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros pola mañá a 1.5 a 2.5 metros pola tarde.

Ceos despexados en xeral, con algún chuvasco ocasional no terzo norte
comentarios