Preto de 2.000 lumes arrasaron máis de 23.000 hectáreas en outubro

A Consellería de Medio Rural asegurou este luns que no que vai de mes arderon en Galicia 23.358 hectáreas en 1.942 incendios forestais. Do conxunto das hectáreas queimadas, 4.756,2 corresponden a superficie arboredo, segundo apunta nun comunicado o departamento autonómico.

Medio Rural indica que a tarde do luns deu por extinguido o lume de Ribeira de Piquín, Lugo, o único que permanecía activo na Comunidade, tras queimar 310 hectáreas.

Ademais deste lume, a Consellería tamén dá por extinguidos os que estaban controlados en Outeiro de Rei, tamén en Lugo, tras queimar 40,5 hectáreas; Castro Caldelas, Ourense, no que arderon 80 hectáreas; dous en Chandrexa de Queixa, na mesma provincia; un en Requeixo, no que arderon 40 hectáreas e outro en Chaveán, que queimou 16,5 hectáreas.

Tamén están apagados os lumes de Manzaneda, que queimou 20 hectáreas e Riós, tamén na provincia ourensá, tras arrasar 86 hectáreas.

Comentarios