Os ceos nubrados protagonizan este domingo

As temperaturas descenderán lixeiramente e produciranse choivas débiles nas comarcas atlánticas

Nubes con sol. EP
photo_camera Unha xornada pasada por nubes. EP

Ceos moi nubrados, choivas débiles, máis probables nas comarcas atlánticas, e descenso das temperaturas, son algunhas das notas do tempo previsto para este domingo, segundo informa Meteogalicia.

O instituto meteorolóxico prognostica que a comunidade estará baixo a influencia do paso dun centro de baixas presións con ventos frouxos do sur.

As temperaturas descenderán lixeira ou moderadamente para situarse nos seguintes valores: 

  • Coruña 15° de mínima e 22°máxima
  • Ferrol 15°, 21°
  • Lugo 11°, 22°
  • Ourense 12°, 26°
  • Pontevedra 13°, 22° 
  • Vigo 13°, 21°
  • Santiago de Compostela 14°, 19°

Respecto ao mar, prognostica na costa Cantábrica vento de suroeste ou de oeste con forza 3 a 5,con mareja, visibilidade boa e mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2,5 metros.

En Ferrol-Bares haberá vento do suroeste con forza 4 a 6, marusía, visibilidade boa a regular e mar de fondo do noroeste, con ondas de 1,5 a 3 metros.

En Ártabro o vento será de suroeste con forza 3 a 5 con marusía, visibilidade regular a boa e mar de fondo do noroeste, con ondas de 1,5 a 2,5 metros.

Na costa da Morte haberá vento de suroeste con forza de 4 a 6 con forte marusía, regular ou boa visibilidade e mar de fondo do noroeste, con ondas de 1,5 a 3 metros.

Nas rías Baixas o vento será variable de sur a suroeste con forza 1 a 2,5 con marusía a mar ovellado, visibilidade regular a boa e mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2,5 metros.

Comentarios