Centenares de persoas reclaman en Galicia a "amnistía" para Pablo Hasel 

Todas as protestas, vixiadas por amplos despregamentos policiais, saldáronse sen incidentes
Manifestación contra el encarcelamiento de Hasel en Santiago. EUROPA PRESS
photo_camera Manifestación contra o encarceramento de Hasel en Santiago. EUROPA PRESS

Centenares de persoas saíron á rúa na tarde deste mércores nas principais cidades galegas –salvo Ferrol– para protestar polo encarceramento do rapeiro catalán Pablo Hasel. 

As concentracións en solidariedade co artista detido en Lleida o pasado martes tiveron lugar ás 20.00 horas en seis urbes galegas. Todas as protestas, vixiadas por amplos despregamentos policiais, saldáronse sen incidentes. 

En Santiago, varios centenares de manifestantes concentráronse baixo a choiva na Praza do Toural. Presididos por unha pancarta na que podía lerse Pablo Hasel. Amnistía Xa, os participantes proclamaron consignas como Audiencia Nacional, tribunal fascista, Os Borbóns son uns ladróns ou Pablo Hasel, liberdade

Transcorrida media hora de concentración, leuse un manifesto no que calificaban de "secuestro" a detención do rapeiro o pasado martes na Universidade de Lleida e o encarceramento de Hasel tras ser condenado "por exercer a liberdade de expresión sen fisuras"

"Non van por Pablo, van detrás de todos", exclamaron os promotores do manifesto, no que se censurou a actuación do "goberno máis hipócrita da historia" –en referencia ao executivo central– e advertíase de que España é o Estado "con máis artistas encarcerados do mundo" por diante de países como Turquía e Marrocos. 

Ao termo da lectura do texto, a concentración convertéronse en manifestación, partindo do Toural para terminar no mesmo lugar tras percorrer a Rúa da Senra do ensanche compostelán. 

Na Coruña tamén foron centenares as persoas que pediron a liberdade de Hasel. A concentración derivou en marcha polas rúas da cidade herculina en dirección á Delegación do Goberno, onde corearon proclamas como A loita é o único camiño ou Contra a represión, mobilización

Na cidade de Pontevedra, o lugar elixido para a protesta foi a Praza da Peregrina, na que un centenar de persoas pediron baixo unha intensa choiva a "amnistía total" para o rapeiro catalán. De igual modo que na Coruña e Santiago, os manifestantes partiron en marcha, que concluíu minutos despois ante a sede da Subdelegación do Goberno en Pontevedra. 

Comentarios