Un centenar de persoas desaloxadas dun restaurante de Sada por un incendio

Unha sobrecarga nun enchufe puido ser a causa do lume

Un centenar de persoas foron desaloxadas do restaurante dun hostal en Sada (A Coruña) por mor dun incendio nunha das habitacións que puido ser provocado por unha sobrecarga nun enchufe, informan a Efe os bombeiros de Betanzos e Urxencias 112.

O restaurante foi desaloxado por precaución e ningunha persoa resultou ferida, máis aló dalgún cadro nervioso, e unha vez extinguido o lume puideron regresar ao interior do local.

O incendio declarouse sobre a unha e cuarto no lugar de Espírito Santo, onde acudiron os Bombeiros de Betanzos, o Servizo Municipal de Protección Civil, a Policía Local e a Garda Civil, detalla o 112.

Unha vez no hostal, os servizos de urxencia atallaron o lume, que calcinou a habitación na que se declarou o incendio, mentres que o resto de estancias que compartían corredor resultaron afectadas o fume.

Comentarios