Cazan a un mozo de Caldas a 160 km por hora nunha zona de 70

Un mozo foi sorprendido por axentes da Garda Civil cando circulaba conducindo un vehículo a 160 quilómetros por hora nunha zona na que o límite máximo é de 70 quilómetros por hora, informou hoxe o citado corpo policial.

O radar instalado no quilómetro 104 da estrada N-550, unha zona con cruces no que hai tamén algunhas vivendas, detectou un vehículo da marca Audi A3 circulando a esa excesiva velocidade.

Posteriormente, os axentes lograron identificar o condutor, de 20 anos, coas iniciais I.S.G., residente no municipio pontevedrés de Caldas de Reis, contra o que abriu dilixencias o Xulgado de instrución número 1 desa localidade.

Comentarios