Catro centros aglutinan os 55 casos de covid activos nas residencias galegas

A de Silleda mantén 45 usuarios e cinco traballadores contaxiados
Unha muller visita a súa nai nunha residencia. EFE
photo_camera Unha muller visita a súa nai nunha residencia. EFE

Os casos de covid-19 en residencias de maiores mantéñense en 55 ao non rexistrarse novos positivos nin altas nas últimas 24 horas. Así, Galicia mantén 49 contaxiados entre os usuarios e seis entre os traballadores, concentrados en catro centros ubicados en Silleda, Xinzo, Cabanas e Caranza.

Segundo os datos actualizados este martes polas consellerías de Sanidade e Política Social, rexístranse 45 usuarios contaxiados na Residencia Coviastec de Silleda; tres na Santa Mariña de Xinzo de Limia e un na DomusVi Laraxe en Cabanas

Pola súa banda, hai cinco traballadores contaxiados na Residencia Coviastec de Silleda e un na Residencia de Maiores de Caranza, sen cambios nas dúas últimas xornadas. 

En canto aos centros de atención a persoas con discapacidade na comunidade galega, estes mantéñense sen infectados entre os seus usuarios e tampouco presentan casos entre os seus traballadores. 

Comentarios