A Catedral de Santiago acolle unha misa funeral por Valeriano Martínez

Faleceu o pasado 6 de outubro no seu despacho de San Caetano dunha parada cardiorrespiratoria
Asistentes a la misa funeral. AGN
photo_camera Asistentes a la misa funeral. AGN

A Catedral de Santiago acolleu na tarde deste luns unha misa funeral por Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda falecido o pasado 6 de outubro.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e os seus conselleiros participaron neste acto, que contou coa presenza de diferentes cargos institucionais, como o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, e o delegado do Goberno, José Miñones.

Igualmente, acudiu o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, así como as súas homólogas na Coruña e Lugo, Inés Rei e Lara Méndez. O expresidente da Xunta Emilio Pérez Touriño foi outro dos asistentes. Diferentes cargos dos populares déronse cita tamén no templo compostelán.

Valeriano Martínez faleceu o pasado 6 de outubro no seu despacho de San Caetano dunha parada cardiorrespiratoria. Este mesmo luns, Miguel Corgos tomou posesión como novo conselleiro de Facenda.