Catalogan unha mámoa e unha mina de ouro romana en Barreiros

A Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia incluíu no inventario de xacementos arqueolóxicos da Comunidade Autónoma dous novos lugares situados na contorna de Santo Estevo do Ermo, no municipio lucense de Barreiros, en concreto unha antiga mina de ouro romana e unha mámoa.

Confirmouno nun comunicado o colectivo MariñaPatrimonio, dado que foi esta asociación a que formulou a solicitude á Consellería de Cultura para que fosen catalogados e protexidos ambos os xacementos arqueolóxicos.

Un dos xacementos foi inventariado co nome Explotación mineira Forno dos Mouros e está situado no monte de Coira, na parroquia de Celeiro de Mariñaos, mentres que a mámoa foi rexistrada como Túmulo de Monte dos Trobos-Chivadoiro.

A construción funeraria foi achada no mesmo lugar que lle dá nome.

Comentarios