Os casos activos en residencias baixan a 40 tras outra alta

Os centros para maiores suman un novo día sen falecementos
Residencia de Silleda. DP
photo_camera Residencia de Silleda. DP

Os casos activos de coronavirus en residencias de maiores galegas alcanzan a cifra total de 40, dos que 37 son usuarios e tres son traballadores, ao producirse o alta nun interno da residencia de Santa Mariña, en Xinzo de Limia.

Segundo o balance diario da Consellería de Política Social e o Servizo Galego de Saúde, o alta no centro Santa Mariña diminuíu os casos activos en residentes ata os 37 (un menos que este venres), nunha nova xornada sen falecidos.

Así, o maior brote entre maiores está na Coviastec de Silleda, con 33; seguida da Santa Mariña de Xinzo de Limia, con tres; e a DomusVi Laraxe, en Cabanas, cun único contaxiado. 

Respecto dos traballadores de xeriátricos, os casos activos son tres (igual que o venres): dous empregados na residencia Coviastec de Silleda e un na residencia de maiores de Caranza, en Ferrol.

En canto aos centros de atención a persoas con discapacidade, non contan con contagios nin en empregados nin en usuarios.

Comentarios